martes, 13 de diciembre de 2011

Decálogo

DECÁLOGO DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS A ESCOITAR CONTOS.

  1. Todo neno/a, sen descriminación de raza, idioma ou relixión, ten dereito a escoitar os mais fermosos contos da tradición oral dos pobos, especialmente aqueles que estimulen a súa imaxinación e a súa capacidade crítica.
  2. Todo neno/a ten dereito a pedir que os seus pais lle conten contos a calquera hora do día.
  3. Todo neno/a que por unha razón ou outra non teña a ninguén que lle conte contos, ten absoluto dereito a perdir ó adulto da súa preferencia que llos conte, sempre e cando, éste demostre que o fai con amor e tenrura, qué é como contan os contos e se cantas as cantigas.
  4. Todo neno/a ten dereito a escoitar contos sentado no colo dos seus avós. Aqueles que teñan vivos os seus catro avós poderán cedelos a outros nenos/as que por diversas razóns non os teñan. Do mesmo xeito, aqueles avós que non teñan netos están en liberdade de acudir as escolas, parques e outros lugares de concentración infantil onde poderán contar cantos contos queiran.
  5. Todo neno/a está no dereito de saber quen son os principais autores de contos. As persoas adultas están na obriga de poner as súas historias ó alcance dos nenos e nenas.
  6. Todo neno/a goza da plenitude do dereito de coñecelas fábulas, os mitos, as lendas, cantigas,... da tradición oral dos seus pais.
  7. O neno/a tamén ten dereito a inventar e contar os seus propios contos.
  8. O neno/a ten dereito de esixir novos contos. Os adultos están na obriga de nutrirse permanentemente de novos e imaxinarios relatos, propios ou non, longos ou curtos,... O único obrigatorio é que estés sexan fermosos e interesantes.
  9. O neno/a sempre ten dereito a pedir outro conto e a pedir que lle conten millóns de veces o mesmo.
  10. Todo neno/a ten dereito a medrar acompañado das aventuras de "Polgarciño" e "Merlín",... e do inmortal "había unha vez",... palabras máxicas que abren as portas da imaxinación na ruta cara os soños mais fermosos da imaxinación.

6 comentarios:

  1. Ola, son Rocío os erros que vin foi que qué non leva til no sitio que vai posto.Outro tamén é que poner é en castelán en galego é poñer, estés sexan fermosos eso vai mal porqué estes non leva til no segundo til senón que no primeiro.
    Adeus e Bo Nadal!!

    ResponderEliminar
  2. Ola son Laura os erros que vin foron qué non leva til no sito que ta posto, o 2 que poñer é en castelán e en galego époñer.
    Adeus e bo Nadal!!

    ResponderEliminar
  3. Hola.Son Jacobo e creo que os erros son o que do 3º dereito que non debería levar tilde pero a leva,e no 8º dereito este leva tilde na letra e que non debería levala e non a leva na e que debería e ademáis o texto está escrito en galego e poñer está en castelán.

    ResponderEliminar
  4. Hola son Ángel e creo que os erros son o que do 3º dereito que non debería levar tilde pero a leva,e no 8º dereito este leva tilde na letra e que non debería levala e non a leva na e que debería e ademáis o texto está escrito en galego e poñer está en castelán.

    ResponderEliminar
  5. Son Fabián e o erro que atopei no 3º dereito é que hai que escribir <> entre as palabras como e
    contan

    ResponderEliminar
  6. Ola son Laura Fernández , os erros que vin foron :
    -qué sería que
    -cantas as cantigas sería cantan as cantigas.
    -as escolas sería ás escolas.
    -poner sería poñer.
    -estés sería estes.
    -os sería ós.
    -mais sería máis.

    ResponderEliminar