- Todo neno/a, sen descriminación de raza, idioma ou relixión, ten dereito a escoitar os mais fermosos contos da tradición oral dos pobos, especialmente aqueles que estimulen a súa imaxinación e a súa capacidade crítica.
- Todo neno/a ten dereito a pedir que os seus pais lle conten contos a calquera hora do día.
- Todo neno/a que por unha razón ou outra non teña a ninguén que lle conte contos, ten absoluto dereito a perdir ó adulto da súa preferencia que llos conte, sempre e cando, éste demostre que o fai con amor e tenrura, qué é como contan os contos e se cantas as cantigas.
- Todo neno/a ten dereito a escoitar contos sentado no colo dos seus avós. Aqueles que teñan vivos os seus catro avós poderán cedelos a outros nenos/as que por diversas razóns non os teñan. Do mesmo xeito, aqueles avós que non teñan netos están en liberdade de acudir as escolas, parques e outros lugares de concentración infantil onde poderán contar cantos contos queiran.
- Todo neno/a está no dereito de saber quen son os principais autores de contos. As persoas adultas están na obriga de poner as súas historias ó alcance dos nenos e nenas.
- Todo neno/a goza da plenitude do dereito de coñecelas fábulas, os mitos, as lendas, cantigas,... da tradición oral dos seus pais.
- O neno/a tamén ten dereito a inventar e contar os seus propios contos.
- O neno/a ten dereito de esixir novos contos. Os adultos están na obriga de nutrirse permanentemente de novos e imaxinarios relatos, propios ou non, longos ou curtos,... O único obrigatorio é que estés sexan fermosos e interesantes.
- O neno/a sempre ten dereito a pedir outro conto e a pedir que lle conten millóns de veces o mesmo.
- Todo neno/a ten dereito a medrar acompañado das aventuras de "Polgarciño" e "Merlín",... e do inmortal "había unha vez",... palabras máxicas que abren as portas da imaxinación na ruta cara os soños mais fermosos da imaxinación.
martes, 13 de diciembre de 2011
Decálogo
DECÁLOGO DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS A ESCOITAR CONTOS.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Ola, son Rocío os erros que vin foi que qué non leva til no sitio que vai posto.Outro tamén é que poner é en castelán en galego é poñer, estés sexan fermosos eso vai mal porqué estes non leva til no segundo til senón que no primeiro.
ResponderEliminarAdeus e Bo Nadal!!
Ola son Laura os erros que vin foron qué non leva til no sito que ta posto, o 2 que poñer é en castelán e en galego époñer.
ResponderEliminarAdeus e bo Nadal!!
Hola.Son Jacobo e creo que os erros son o que do 3º dereito que non debería levar tilde pero a leva,e no 8º dereito este leva tilde na letra e que non debería levala e non a leva na e que debería e ademáis o texto está escrito en galego e poñer está en castelán.
ResponderEliminarHola son Ángel e creo que os erros son o que do 3º dereito que non debería levar tilde pero a leva,e no 8º dereito este leva tilde na letra e que non debería levala e non a leva na e que debería e ademáis o texto está escrito en galego e poñer está en castelán.
ResponderEliminarSon Fabián e o erro que atopei no 3º dereito é que hai que escribir <> entre as palabras como e
ResponderEliminarcontan
Ola son Laura Fernández , os erros que vin foron :
ResponderEliminar-qué sería que
-cantas as cantigas sería cantan as cantigas.
-as escolas sería ás escolas.
-poner sería poñer.
-estés sería estes.
-os sería ós.
-mais sería máis.