martes, 13 de diciembre de 2011

Decálogo

DECÁLOGO DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS A ESCOITAR CONTOS.

  1. Todo neno/a, sen descriminación de raza, idioma ou relixión, ten dereito a escoitar os mais fermosos contos da tradición oral dos pobos, especialmente aqueles que estimulen a súa imaxinación e a súa capacidade crítica.
  2. Todo neno/a ten dereito a pedir que os seus pais lle conten contos a calquera hora do día.
  3. Todo neno/a que por unha razón ou outra non teña a ninguén que lle conte contos, ten absoluto dereito a perdir ó adulto da súa preferencia que llos conte, sempre e cando, éste demostre que o fai con amor e tenrura, qué é como contan os contos e se cantas as cantigas.
  4. Todo neno/a ten dereito a escoitar contos sentado no colo dos seus avós. Aqueles que teñan vivos os seus catro avós poderán cedelos a outros nenos/as que por diversas razóns non os teñan. Do mesmo xeito, aqueles avós que non teñan netos están en liberdade de acudir as escolas, parques e outros lugares de concentración infantil onde poderán contar cantos contos queiran.
  5. Todo neno/a está no dereito de saber quen son os principais autores de contos. As persoas adultas están na obriga de poner as súas historias ó alcance dos nenos e nenas.
  6. Todo neno/a goza da plenitude do dereito de coñecelas fábulas, os mitos, as lendas, cantigas,... da tradición oral dos seus pais.
  7. O neno/a tamén ten dereito a inventar e contar os seus propios contos.
  8. O neno/a ten dereito de esixir novos contos. Os adultos están na obriga de nutrirse permanentemente de novos e imaxinarios relatos, propios ou non, longos ou curtos,... O único obrigatorio é que estés sexan fermosos e interesantes.
  9. O neno/a sempre ten dereito a pedir outro conto e a pedir que lle conten millóns de veces o mesmo.
  10. Todo neno/a ten dereito a medrar acompañado das aventuras de "Polgarciño" e "Merlín",... e do inmortal "había unha vez",... palabras máxicas que abren as portas da imaxinación na ruta cara os soños mais fermosos da imaxinación.

sábado, 19 de noviembre de 2011

A nosa Mascota

Ola a tod@s!!!!
Para comenzar este blog, temos que presentar en primeiro lugar a nosa mascota.
LIBRITA.
É o debuxo gañador do concurso "A mascota da biblioteca" levado a cabo o pasado curso 2010-2011.
Sabedes que a dibuxou???? Os nenos de 6º de Infantil do curso pasado.
É unha composición feita entre tod@s.
Pois aquí a tedes.
De agora en adiante será ela a que nos conte tódolos acontecementos da nosa biblioteca.